Saltar ao contido

Símbolo vexilolóxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un símbolo vexilolóxico é usado polos vexilólogos para indicar certas características das bandeiras, e facilitar a súa clasificación. Os símbolos elixidos son os símbolos internacionais de identificación de bandeiras, creados por Whitney Smith. A asemblea xeral da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques (FIAV) celebrada en Otava (Canadá) en 1981, recoñeceu este código de información, e recomendou o seu uso a todas as organizacións e individuos que a forman.[1]

Esta reixa foi deseñada pola FIAV para indicar especificamente o uso das bandeiras nacionais. Un punto dentro de cada unha das seis celas indica o uso da bandeira como bandeira civil, bandeira institucional, bandeira de guerra, pavillón civil, pavillón institucional e/ou pavillón de guerra, que son os seis tipos de usos que pode ter unha bandeira nacional.

Civil Institucional Guerra
Uso terrestre bandeira civil. bandeira institucional bandeira de guerra
Uso marítimo pavillón civil pavillón institucional pavillón de guerra (ou naval)

Así, o símbolo indica que a bandeira só pode usarse por unidades militares, xa sexan terrestres ou navais, mentres que o símbolo indica que a bandeira é usada sempre, soamente, en terra.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Outros símbolos son utilizados para indicar outras características das bandeiras.

Bandeira normal ou bandeira de iure
Deseño proposto, nunca oficializado
Deseño reconstruído con base en observacións anteriores
Vista do reverso da bandeira
Deseño é unha variante aceptada
Versión alternativa da bandeira
Bandeira de facto
Deseños distintos no anverso e no reverso da bandeira
Hasta debe estar á dereita do observador
Bandeira histórica, non oficial na actualidade
  1. "FIAV - Código de información de bandeiras" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2009.